¿Y por qué no?

Verba volant, scripta manent.

miércoles, 31 de octubre de 2012

O mito: Ciencias ou Letras


Como alumna de letras que son oféndeme moitísimo a xente -un pouco “inculta”- que afirma que os alumnos de Ciencias son mais listos que os de Letras, e que estudar materias como Grego e Latín é unha perda de tempo.
            Eu agora que sinto a miña vocación por estas materias, pregúntome como pode haber individuos que sigan a pensar así; se o seu intelecto estivese un pouco máis cultivado comprenderían que sen o Latín e sen o Grego non poderían estar estudando esas materias de Ciencias das que se gaban, nin probablemente outras.
            Aínda hai xente que non  sabe que estudar estas materias non só che asenta unha base lingüística e gramatical sólida senón que ademáis che aporta unha cultura xeral que nin toda unha vida estudando Ciencias conseguirías. A metade das formulas químicas serían moito mais sinxelas de estudar sabendo Latín; por que crees que a fórmula do sodio é NA? Porque en latín sodio é natrium e así con miles  de conceptos relacionados coas Ciencias.  Entón os estudantes de Ciencias que afirman isto, en que se basean para dicilo? Eles pensan que son mais intelixentes porque, -según cren- as nosas materias non valen para nada xa que son linguas mortas. En realidade ignoran que un castelo matemático non o vas a empregar no  día a día e, sen embargo, a linguaxe estámola empregando continuamente.
            E pregúntanse, do mesmo xeito, que teñen que ver o galego ou o castelán co latín e o grego? Pois teñen moitísima mais relación do que pensan. Estas linguas permítennos  coñecer de onde proveñen as palabras que habitualmente utilizamos e aportan un valor engadido á comunicación. Coñecendo as Linguas Clásicas é mais fácil  falar e escribir correctamente. Pois para iso, entre outras cosas, serven estas linguas, para coñecer mellor a nosa linguaxe e o Mundo Antigo que nos axudou a ser a sociedade política desenvolvida que somos agora. E de onde sacaron que o Latín e o Grego son linguas mortas? E logo, respóndolles eu, que linguas se falan en Grecia,  Roma e en boa parte de Europa e do mundo? Aínda que evolucionadas, seguen sendo Grego e Latín. Incluso na actualidade, segue habendo xente que fai uso destas linguas; de feito as películas de Harry Potter están traducidas ao latín igual que numerosos libros importantes da nosa época. Por outra banda, estas materias cúrsanse na meirande parte dos bacharelatos dos países de Occidente. En Alemaña, reciben un trato no seu sistema educativo sensiblemente mellor que en España, pese a que o alemán non procede nin do Grego ni do Latín.
            Tamén habería que darlle un toque de atención a aqueles que presumen de cultos empregando locucións latinas e en realidade  nin sequera as empregan ben, por non ter nocións da lingua latina. En medicina, dereito, economía e en calquera campo do saber sempre hai unha locución para utilizar no momento preciso. E aí os estudantes de Letras temos algunha vantaxe respecto aos de Ciencias. Así que a esas persoas que se creen superiores por estudar Ciencias , non lle vería mal un pouco de humildade e reconsiderar a súa postura. Sen Grecia e Roma os coñecementos que eles estudan hoxe  nin sequera existirían.
             É posible que os alumnos de Humanidades  non saibamos resolver unha derivada ou unha integral (nin creo que o precisemos para vivir), pero polo menos sempre atoparemos as palabras adecuadas para redactar os libros polos que todos estudamos. E é que sen estas linguas non poderiamos estudar nada, xa que non habería maneira de expresarnos, a non ser que alguén crea que é posible expresarse mediante fórmulas químicas ou matemáticas. 
            No fondo a única solución a todos os problemas que surxen no mundo é a cultura e o respeto aos demais para poder chegar a acordos, especialmente naqueles intres nos que atravesamos situacións delicadas.
Paula Rey Sotelo 

3 comentarios:

  1. ¡Qué grande,Paula! Totalmente de acuerdo,no hay ni un pero que se le pueda poner. +1

    ResponderEliminar
  2. Xa era hora de que alguén puxese por escrito o que todos pensamos. ¡Grande, Paula! :) ¡Bicos!
    Tati.

    ResponderEliminar
  3. Hola Paula son Isa jejeje, aquí estou lendo o teu blog... unha longa historia...
    Estou de acordo contigo en que estudar unha carreira de ciencias non implica "máis intelecto" que estudar unha carrera de letras nin viceversa, e que non se debe menospreciar nin o contedido nin as capacidades entre carreiras.
    Agora ben, ti empezas criticando cousas que ti fas cos de ciencias parágrafos máis abaixo. E, que a táboa periódica teña os símbolos en latín non quere decir que saber latín axude a estudar unha carreira de química nin moito menos, química é moito máis que esas letras, a táboa periódica é moito máis que iso, o que dixeches non ten sentido, estás reducindo unha complexa carreira de química a unhas simples letras... Estala menospreciando, igual que desprecias as materias de ciencias ao decir que "só nunha carreria como a túa apréndese cultura xeral", ¿qué consideras ti cultura? ¿saber quen escribiu A Celestina? Porque entón estás moi confundida, ¿non é cultura saber o que é unha célula madre? ¿Non é cultura saber de que está composto o universo? ¿Non é cultura coñecer a evolución? Estudas ti iso na carreira? Sen querelo estás menospreciando as demais carreiras, o que criticas que ti fagan coa túa... E mais, incides neso o decir que as carreiras de ciencias limítanse a integrais e derivadas e que non teñen aplicación na vida diaria, ¿que mellor que un médico, enfermeiro, fisio, biólogo... para saber levar unha vida saúdable? Ti sabes que eu rooteo o mobil, así podo conseguir que funcione moito mellor sen ter que gastar noutro máis caro que o mellor non podo permitir, entón, que pode facer un informático ou un de teleco? A miña tía e enxeñeira industrial e rediseñou a rede elétrica da casa dos meus avós... Nin ti nin eu podemos vero alcance destas ventaxas, pero iso non quere decir que non estén..
    Creo que tes razón no que dis o principio e con certos argumentos pero non nos que despretixias as carreiras de ciencias, estás facendo o mesmo que ti criticas que fan coa túa.
    Un saúdo, bicossss

    ResponderEliminar